miércoles, 3 de septiembre de 2014

TRASLADÁMONOS!!

Despois deste tempiño de colaboracións no blogue estralotes decidimos trasladarnos á páxina web do centro onde poderedes seguir informándovos das nosas actividades.




Saúdos, saúde e grazas polo voso seguimento!

miércoles, 26 de febrero de 2014

FEBREIRO 2014: MES DO CONSUMO RESPONSABLE




O mes de febreiro está adicado ao consumo responsable.

A necesidade de pensar un pouco nos produtos que consumimos e o impacto que ten a súa produción no medio ambiente e nas persoas; a necesidade de reflexionar sobre o impacto da publicidade nos consumidores; a posibilidade de ter os nosos aforros noutro tipo de entidade financieira con diferentes obxectivos aos bancos tradicionais e outros moitos temas fan que sexa necesario abordar o tema do consumo responsable. 


Entre as actividades que se desenvolven este mes destaca a participación do noso centro nas Xornadas de Economía Social organizadas no Carballiño, promovidas, entre outras persoas, por Ricardo Paz. Grazas a el tivemos a oportunidade de contar, o xoves 13 de febreiro, nunha  mesa redonda cos representantes de finanzas éticas que traballan en Galicia: A.I.S. O Peto,  coa intervención de Ricardo Paz; Fiare, con Raquel Doallo, e Coop 57. A actividade programouse para o alumnado de 1º de Bacharelato.

O martes día 11 de febreiro ás 13:35 tivo lugar unha  charla de Gonzalo Gesto, vicepresidente de Panxea sobre as Cooperativas de consumo. A charla durou 50 minutos e estivo dirixida ao alumnado de 4º da ESO.


Haberá tamén actividades nas titorías: dinámicas interactivas, documentais e moitas cousas máis.


http://www.proyectofiare.com/web/
http://www.opeto.org/
http://www.coop57.coop/

miércoles, 15 de enero de 2014

XANEIRO: MES DO MEDIO AMBIENTE NO IES Nº1 DO CARBALLIÑO


A Exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción, cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) estará ao longo de todo o mes de xaneiro no IES nº 1 do Carballiño. 

A mostra pretende establecer a evolución do clima, analizar as causas do efecto invernadoiro e o quecemento do planeta incluíndo as emisións que se producen na comunidade galega. Repasa así mesmo as iniciativas internacionais que pretender paliar as graves consecuencias do cambio climático e as medidas que desde a escola poden levarse a cabo.



A exposición insírese dentro das actividades organizadas con motivo do Mes do Medio Ambiente, este curso adicado ao cambio climático. Outras actividades que incidirán nesta temática serán charlas, proxección de varios documentais, entre eles o oscarizado documental “Unha verdade incómoda”, de Al Gore, Premio Nobel da Paz 2007, compartido co Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático. 



Desenvolverase  tamén unha campaña de reciclaxe que se estenderá ao longo de todo o curso.

Todas estas actividades teñen como obxectivo tomar conciencia sobre a necesidade de modificar hábitos de vida e así contribuír á saúde do planeta.

Ti tamén podes facer moito!!!!


martes, 10 de diciembre de 2013

OPERACIÓN MONARCA NO IES Nº1 DO CARBALLIÑO


Ao longo do mes de decembro o IES Nº1 do Carballiño está a presentar a Exposición Operación Monarca, cedida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). A exposición trata dun dos fenómenos máis abraiantes que nos ofrece a natureza galega. Unha visitante de máis alá do Océano Atlántico, a bolboreta Monarca, voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e nos visita cada outono silandeiramente




O proxecto “Operación Monarca” ten como obxectivo que cada vez máis persoas coñezan esta bolboreta e poidan informar das súas observacións, co fin de ter un coñecemento máis profundo da súa presenza en Galicia. Ademais, pretende que as persoas alleas á lepidopteroloxía se interesen polo coñecemento deste marabilloso mundo  e a súa conservación.

A exposición  se enmarca nas actividades que se celebran con motivo do Mes do Medio Ambiente, este curso adicado ao Cambio Climático que se desenvolverá ao longo do mes de xaneiro con máis exposicións, conferencias e proxectos.

martes, 12 de noviembre de 2013

MES DE NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO


O mes de novembro no IES Nº1 do Carballiño estará adicado á prevención da violencia de xénero. E para traballar o tema iranse deselvonvendo ao longo do mes varias actividades coa colaboración de varios organismos e institucións. 

O martes día 12 de novembro ás 9:35 da mañá desenvolveuse o proxecto titulada "Sinerxias interxeracionais" coa temática " Do de antes e do de agora" na que contamos coa presenza de representantes de varias Asociacións de mulleres. Estiveron con nós:



Mª del Carmen Lorenzo Trigás, Presidenta de Novas Vivenzas

Olga González Fernández, 
Presidenta de A Revolta.

Alicia González Barreiro
Dinamizadora social.


A actividade pretende favorecer o achegamento e creación de sinerxias  interxeneracionais entre as mulleres do rural e a xuventude. Dignificando a figura das mulleres do rural e favorecendo a súa visibilidade.
Participaron alumnos/as de 1º de Bacharelato B e C.

A Cruz Vermella co seu voluntariado realizará algunhas dinámicas sobre o tema destinadas ao alumnado de 3º da ESO.

A Concellería de Benestar e Servizos Sociais do Concello do Carballiño ten programada unha charla dirixida ao alumnado de 4º da ESO e varios obradoiros para 1º e 2º da ESO que se iniciarán en xaneiro e se prolongarán ata final de curso. 



XOGOS, CASTAÑAS, REFRESCOS....E AMIGOS!!!!!

Así foi a tarde do día 11 de novembro, cando celebramos o magosto do IES Nº1 do Carballiño. Cristina, a profesora de Educación Física, organizou xunto cos voluntarios/as de 1º de Bacharelato, os tradicionais xogos populares do magosto. 







Visitáronos ex-alumnos que agora estudan noutros centros e que quixeron compartir con todos nós este día. 







Tivemos moita sorte porque o sol e a boa temperatura fixo posible que as actividades se desenvolvesen ao aire libre, e a boa tarde permitiu que todo o mundo disfrutase máis.




Despois de turrar da corda, correr enfundados en sacos, sorber toda a auga do mundo, bailar ao son da música sen perder de vista unha silla, apañar piñas dun círculo ao outro, xogar aos bolos e enzoufarnos de fariña para conseguir un carameloe algunhas fazañas máis, había que repoñer forzas e...houbo castañas e refrescos para todos.


 










Polas caras que aparecen nas fotografías estamos seguros de que todo o mundo o pasou estupendamente. 










Moitas grazas a Cristina a os voluntarios/as por prepararnos unha tarde tan divertida e tamén moitas grazas a todos vós por participar. 





 O resto das fotos estarán na páxina web do instituto.







O ano que vén haberá moitos máis xogos e castañas!!!!!

miércoles, 6 de noviembre de 2013

...E CHEGOU O SAMAÍN!!!!





Como todos os anos chegou o tempo das cabazas, dos colondros, das meigas e os mortos. Queremos destacar a participación que houbo no concurso de cabazas, sobre todo do primeiro ciclo da ESO. Foron un bo exemplo de imaxinación, de traballo e de ilusión.  E para demostralo aí van unhas fotos:














Añadir leyenda



















E os premios foron para as seguintes cabazas:










Esperamos que sigades participando así!!!!